Introducción a Matlab e Octave

Matlab incorpora por defecto unha interfaz gráfica de traballo, mentras que Octave ten unha interfaz de liña de comando. A interfaz gráfica de Octave aínda está en fase experimental; pódese probar a partir da versión 3.8 chamando a Octave coa opción --force-gui.

Matlab e Octave poden instalarse tanto en Windows coma en GNU/Linux e Mac OS. O paquete de Octave precompilado para Windows está en Octave-Forge, que é unha comunidade de desenvolvemento que proporciona paquetes para a resolución de problemas específicos. Tanto en Matlab coma en Octave recomendamos instalar os paquetes de cálculo simbólico e optimización (en Octave chámanse symbolic e optim).

Ao instalar Octave debemos informarnos dos posibles bugs que teña a versión actual. Por exemplo, en outubro de 2010, ao instalar Octave en Windows era necesario executar como administrador o comando pkg rebuild -noauto oct2mat en Octave para permitir o uso de gráficas.

Ao ser Matlab e Octave linguaxes interpretadas, os comandos executanse un a un, tras rematalos cun retorno de carro. Vexamos algúns comandos:

diary serve para gardar nun arquivo o que se mostra na terminal:

>> diary %garda no arquivo 'diary' da carpeta por defecto
>> diary file %ídem no arquivo 'file'
>> diary off %interrompe o proceso de gardado

help serve para solicitar axuda:

>> help diary %dá axuda sobre o comando 'diary'

Tamén se pode acudir á axuda online de Octave.
pwd permite ver a carpeta por defecto.
cd permite cambiar de carpeta:

>> cd Z:\mi_carpeta %cambia a esa carpeta (en Windows)
>> cd .. %desprázase á carpeta pai

ls permite ver o contido da carpeta.

type nome permite ver o contido do ficheiro nome.

Enlaces de interés

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Matlab/Octave. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s