Variables en Matlab/Octave

As variables numéricas non necesitan declararse:
>> a=1/3 %crease a variable 'a' e asígnaselle o valor 1/3

Cando se asigna outro valor, o anterior desaparece:
>> a=1/6 %'a' xa non almacena 1/3

As variables creadas ata o momento móstranse con:
>> whos %mostra as variables na liña de comandos

Todo cálculo non asignado explícitamente a unha variable gárdase na variable ans:
>> 1/4 %o valor 1/4 gárdase na variable ans

Hai distintas formas de visualizar un valor na liña de comandos:
>> format short %con coma decimal fixa e 4 decimais
>> format long %con coma decimal fixa e 15 decimais
>> format short e %con coma decimal flotante e 4 decimais
>> format long e %con coma decimal flotante e 15 decimais

O comando clear serve para borrar variables:
>> clear a %borra a variable 'a'
>> clear %borra tódalas variables

Os nomes de variables deben ter 31 caracteres como máximo, empezar por unha letra e só poden conter letras, números e “_” (non poden ter espacios en branco, “ñ” ou acentos). Distínguese entre maiúsculas e minúsculas:
>> n_2=44 %é un nome correcto, non así 2_n ou n 2

Varios comandos en liña sepáranse con “,” ou “;”. Os  terminados con “;” execútanse, pero sen mostrar o resultado. Todo o que sigue a % considérase un comentario:
>> a=4; b2=10^(2-a) %a=4 execútase sen mostrar o resultado

Un comando exténdese por varias liñas con …:
>> Nome_moi_longo=...
2.e-4*23

Non se recomenda usar para as variables os nomes propios de Octave: pi (valor de π), i, j (número imaxinario), Inf (infinito), NaN (indeterminación), etc. ¡Atención!, para avaliar a función exponencial recoméndase usar a función exp(). Por exemplo, e² non se escribe e^2 senón exp(2).

Cando escribimos na liña de comandos, non podemos modificar as liñas cos comandos introducidos previamente. Para recuperar e modificar un comando previo podemos

  • usar o cursor “frecha cara arriba”, ou
  • escribir as primeiras letras de comando requerido e pulsar o cursor “frecha cara arriba”, para navegar só polos comandos que empezan por esas letras.

Coa tecla “Esc” bórrase o escrito na liña actual.

Expresións escalares

As operacións básicas son + - * / ^. A prioridade é a mesma que nas calculadoras e pódense usar parénteses para cambialas. ¡Atención!, para calcular 1/6 podemos escribir 1/(2*3), pero non 1/2*3.

Hai moitas funcións intrínsecas (ver a axuda online de Matlab ou Octave):

  • trigonométricas: sin, cos, tan, sec, csc, …
  • trigonométricas inversas: asin, acos, …
  • logarítmicas: log, log10, …
  • para complexos: imag, real, …
  • enteiras: floor, round, mod, sign, …
  • outras: abs, sqrt, power, sinh, …

Exercicios:

  1. Escolle como carpeta por defecto unha carpeta axeitada, na que poidas gardar arquivos.
  2. Abre un arquivo ‘diary’.
  3. Calcula \displaystyle\mathrm{e}^{\mathrm{i}\pi}+1.
  4. Calcula 0/0.
  5. Garda |\cos(3)^2|-\frac 632 e |\cos(3^2)|-\frac 6{3\cdot 2} en dúas variables.
  6. Visualiza as variables que se teñen gardado ata o momento.
  7. Borra as variables.
  8. Remata de gardar no arquivo ‘diary’ e comproba o contido do arquivo.

Na seguinte entrada falaremos dos vectores.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Matlab/Octave. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s