O cálculo simbólico en Matlab/Octave

Tanto Matlab coma Octave precisan do seu paquete symbolic para poder traballar con cálculo simbólico. É nos paquetes onde, como imos ver, Matlab e Octave se diferencian máis.

En Octave,pero non en Matlab, débese executar o comando symbols antes de empezar a traballar en cálculo simbólico.

Nas dúas linguaxes, as variables simbólicas deben declararse:

>> x = sym('x') %declaración de x como variable simbólica

Toda expresión que involucre variables simbólicas será simbólica:

>> f = x^2 %f é unha expresión simbólica

Unha asignación usual volve convertir as variables en numéricas:

>> x = 5 %x deixou de ser simbólica

As funcións intrísecas simbólicas cambian de nome en Octave (pódelas consultar aquí):

>> f = Sin(Pi*x); g = Cos(x); h = Exp(x); i = Sqrt(x)

Non así en Matlab:

>> f = sin(pi*x); g = cos(x); h = exp(x); i = sqrt(x)

Para pintar expresións simbólicas en Octave usamos splot:

>> splot(Exp(x),x,[-1 1])

En Matlab, usamos ezplot:

>> ezplot(exp(x),x,[-1 1])

O comando subs serve para avaliar unha expresión:

>>  p = subs(x^3, x, 1.3) %avalía a expresión x^3 para x=1.3

O comando to_double de Octave convirte un valor simbólico a numérico:

>> to_double(p) %p é o resultado anterior como número

O comando double de Matlab fai o mesmo.

Nesta entrada podes ver como usar o comando simbólico limit de Matlab para calcular límites; nesta outra entrada podes ver como calcular a derivada simbólica dunha función; nesta entrada explícase o comando de Matlab para calcular o polinomio de Taylor.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Matlab/Octave. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s