Rectas e planos: exercicios de rectas

Vexamos algúns exercicios relacionados con esta entrada.

  • Determima a ecuación xeral da recta que pasa polos puntos P(-3,4) e Q(3,12).
  • Ídem da recta que pasa polo punto P(-3,4) e con vector director v=(1,-2).
  • Ídem da recta que pasa polo punto P(-3,4) e é paralela á recta 3x+2y=0.
  • Ídem da recta que pasa polo punto P(-3,4) e é perpendicular a 3x+2y=0.
  • Ídem da recta con pendente 1/2 que corta o eixo OY en y=3.
  • Se as rectas  Ax+By+C=0 e Dx+Ey+F=0 son paralelas, que relación cumpren os coeficientes? E se son perpendiculares?
  • Supoñamos que os eixos OX e OY son os bordes dunha mesa de billar. Un xogador quere introducir unha bola posicionada no (2,2) na tronera ubicada no (0,1), de xeito que rebote no eixo OX. En que punto do eixo OX debe rebotar a bola? Pista: se a traxectoria segue unha recta de pendente m, a bola rebotada transita por unha recta de pendente -m.
  • Unha vía férrea de montaña ten zonas dunha inclinación do 36%. Nese punto, os asentos dianteiros do vagón están catro metros por riba dos traseiros. Cal é a lonxitude do vagón?

Solucións aos exercicios anteriores.

Podes atopar máis exercicios no Thomas’ Calculus.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Análise matemática, Exercicios, Funcións. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s