Traballo para a avaliación continua, curso 2016-17

A continuación, explícovos as regras do traballo en grupo, computable para a avaliación continua.

    • Debe enviarse unha resposta á mensaxe do foro do Campus Virtual onde se informa deste traballo. Na vosa resposta figurarán os integrantes do grupo, de tres a catro persoas, e o tema sobre o que tratará o traballo (ver máis abaixo). Un exemplo de envío sería,

“O grupo estará formado polas seguintes persoas:

Proponse o estudo da función h(x)=-A exp(-B x^6) para deseñar a quilla dun barco. A e B son parámetros a fixar, que permiten modificar o ángulo de corte da auga.”

    • O prazo límite para a vosa resposta será o martes 13 de decembro ás 24:00. O tema escollido deberá ser orixinal e non coincidir con ningún dos enviados ao foro polos grupos previos. O profesor non comprobará que os traballos sexan distintos; é tarefa dos grupos facer dita comprobación. En caso de existir unha repetición do tema e/ou función, o primeiro envío será o dado por válido.
    • O primeiro paso do problema consistirá en escoller unha función real de variable real, opcionalmente dependente de parámetros con valores dados. Esa función debe encadrarse nun tema relacionado coas ciencias ou a enxeñaría. A función pode ser:
      • realista, por exemplo,  a función y(t) = Acos(wt) para un oscilador harmónico,  ou
      • imaxinada, por exemplo, no tema do deseño do perfil da quilla dun barco, non sabendo a forma exacta da función que define a quilla, pódese  propoñer unha función que teña a forma aproximada do casco dun barco, coma -A exp(-B x^6).
    • O traballo debe ter obrigatoriamente as seguintes partes:
      1. Unha descrición breve do problema no que se enmarca a función; se aparecen varias variables, a identificación da variable que se toma, o intervalo no que se estuda, os valores para o resto de parámetros e a razón para tomalos.
      2. Xustificación das propiedades relevantes da función: a súa continuidade e derivabilidade para abordar a interpolación. Omitir o estudo de asíntotas, intervalos de crecemento, etc.
      3. A interpolación mediante un polinomio global da función. Valorase razoar a importancia da interpolación no tema escollido; a razón de tomar os nodos de interpolación, comparar xustificadamente os resultados entre varias interpolacións, discutir a existencia do fenómeno de Runge, etc. Cada interpolación deberá mostrar os comandos utilizados en Sage e os resultados obtidos, a lo menos graficamente.
      4. A interpolación mediante un polinomio a cachos da función, nas mesmas condicións que o apartado anterior.
      5. O apartado de bibliografía.
    • A valoración do traballo será inversamente proporcional á sinxeleza da función. En todo caso, quedan excluídas as funcións lineares e polinomiais de grao baixo.
    • Valorarase o estilo claro e conciso do texto, a xustificación das afirmacións emitidas, ben con explicacións e referencias ás fontes, ben con ilustracións e gráficas xeradas polos alumnos.
    • Pódense usar calquera tipo de fontes (libros, internet, etc.). De existir citas literais, deben ser frases breves, nunca parágrafos enteiros, e deben ir entre comiñas, facendo alusión á fonte mediante un número. Por exemplo,

      Como se indica en [1], “todo cuerpo sumergido en un líquido experimenta un empuje de abajo hacia arriba igual al peso del líquido desalojado”.

      Bibliografía:

      [1] http://es.wikipedia.org/wiki/Arqu%C3%ADmedes

      Non seguir estas normas de cita ou omitir as fontes utilizadas considerarase plaxio, o que implica o suspenso de tódolos membros do grupo e o informe á Dirección da Escola, segundo a normativa actual.

Defensa do traballo

O traballo deberá defenderse nas sesións de titorías que se celebrarán os días 19, 20 e 21 de Decembro, de 13:00 a 14:00 na aula 4 da ETSE. O mércores 14 publicarase a distribución de grupos por titorías. Se a titoría asignada é incompatible coas obrigas dalgún dos membros do grupo, debe enviarse un correo ao profesor antes das 12:00 do xoves 15, describindo a incompatibilidade e propoñendo un cambio a outra titoría das fixadas. A causas de incompatibilidade admisibles son: coincidencia con outra hora de materias de primeiro do GrEI ou obrigación de presentarse no posto de traballo nesa data.

Os grupos deberán presentar o traballo nun tempo máximo de 7 minutos, máis 2 minutos para as preguntas dos oíntes. Cada membro do grupo debe indicar na presentación cal foi a súa achega ao traballo. Obrigatoriamente, deberán usar unha presentación por canón de vídeo e poderán usar a ferramenta Sage se o precisan. O grupo deberá entregar a presentación en PDF trala defensa.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Avaliación contínua. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s